Nota de prensa - O principal Centro Galego Virtual acada os 4 mil membros
- From: Fillos de Galicia <fillos@xxxxxxxxxx>
- Date: Sat, 23 Dec 2006 19:34:48 CST
[Asociación Cultural Fillos de Galicia]
(versión en galego máis abaixo)
NOTA DE PRENSA
(A la atención del/a responsable de la sección de Sociedad
o Internet)
23 de diciembre de 2006 (Para publicación inmediata)
FILLOS.ORG SE SITÚA ENTRE LOS MAYORES CENTROS GALLEGOS DEL MUNDO
(El principal portal de Internet para el encuentro de emigrantes
gallegos y descendientes se convierte con sus 4 mil miembros en una
de las 10 mayores entidades de la diáspora gallega)
La Comunidad Virtual "Fillos de Galicia" acaba de rebasar la cifra
de 4 mil personas inscritas desde que comenzase su andadura en la
Red hace casi 10 años. Su imparable crecimiento desde 1997
invierte la tendencia del resto de centros gallegos tradicionales
que ven en su inmensa mayoría como año tras año disminuye su número
de participantes por falta de relevo generacional, y lo coloca a
la cabeza de las entidades de la Galicia exterior en número de
afiliados sólo por detrás de unas pocas entidades históricas como
la Casa de Galicia de Montevideo o el Centro Gallego de Buenos
Aires.
Las actividades de este pionero Centro Gallego Online abarcan
desde la difusión cultural al encuentro familiar (más de 50 familias
se han reencontrado gracias a su intervención), la acción política
a favor de los derechos de los emigrantes y sus descendientes, o la
gestión de otros portales derivados como Galeguidade.net (para las
entidades de la emigración), PlanetaGalego.info (artículos y
noticias) y directorios como Navegaliza.net o GaliciaEmigrante.info.
Sólo en el portal principal de la comunidad, Fillos.org, se reciben
una media de cien mil visitas cada mes, que son atendidas por los
trabajadores y personal voluntario de la Asociación Cultural Fillos
de Galicia, responsable de la gestión de este centro, que en palabras
de su presidente, Manuel Casal Lodeiro, "es el único que tiene un
futuro asegurado, puesto que Internet llega cada vez a más gente y la
progresiva desaparición del resto de centros es inevitable en un plazo
más corto o más largo, y esto deja a muchos descendientes huérfanos de
vías de contacto con su tierra de origen y entre sí". Otra
característica original de este centro abierto las 24 horas del día
es que reúne a gente de más de 50 países, siendo Argentina el lugar
de residencia de más de un tercio de sus inscritos, así como a
residentes en Galicia interesados en mantener un contacto diario con
los emigrantes a través de sus chats, listas de correo y foros de
mensajes.
Para el nuevo año los planes de Fillos de Galicia incluyen consolidar
las fuentes de financiación que les permitan mantener e incrementar
sus servicios mediante la contratación de más personal dedicado, para
lo cual han creado el proyecto Parcelaria.com con el que ya han
conseguido más de 13 mil euros y ofrecen servicios de Internet a
otras ONGs desde RedeGalega.org. También esperan incidir en las
reformas legales en marcha que afectan a cuestiones como el derecho
a la nacionalidad o la representación política de los emigrantes.
FIN
Para consultas de los medios:
Manuel Casal Lodeiro
http://www.fillos.org
fillos@xxxxxxxxxx
(+ 34) 94 4376328
---------------------------------------------------------------------
{Versión en galego}
NOTA DE PRENSA
(Á atención do responsable da sección de Sociedade
ou Internet)
23 de decembro de 2006 (Para publicación imediata)
FILLOS.ORG SITÚASE ENTRE OS MAIORES CENTROS GALEGOS DO MUNDO
(O principal portal de Internet para o encontro de emigrantes
galegos e descendentes convírtese cos seus 4 mil membros nunha
das 10 maiores entidades da diáspora)
A Comunidade Virtual "Fillos de Galicia" ven de rebasar a cifra
de 4 mil persoas inscritas desque comezase a súa andaina na
Rede hai case 10 anos. O seu imparable medre desde 1997
invirte a tendencia maioritaria no resto de centros galegos
tradicionais que ven como ano tras ano disminúe o seu número
de participantes por falla de relevo xeracional, e colócao á
cabeza das entidades da Galicia exterior en número de
afiliados só por tras dunhas poucas entidades históricas como
a Casa de Galicia de Montevideo ou o Centro Galego de Bos
Aires.
As actividades deste pioneiro Centro Galego Online abranguen
desde a difusión cultural ao encontro familiar (máis de 50 familias
reencontráronse grazas á súa intervención), a acción política
a prol dos dereitos dos emigrantes e os seus descendentes, ou a
xestión doutros portais derivados como Galeguidade.net (para as
entidades da emigración), PlanetaGalego.info (artigos e novas)
e directorios como Navegaliza.net ou GaliciaEmigrante.info.
Só no portal principal da comunidade, Fillos.org, recíbense
unha media de cen mil visitas cada mes, que son atendidas polos
traballadores e persoal voluntario da Asociación Cultural Fillos
de Galicia, responsable de xerir este centro, que en palabras
do seu presidente, Manuel Casal Lodeiro, "é o único que tén un
futuro asegurado, xa que Internet chega cada vez a máis xente e a
progresiva desaparición do resto de centros é inevitable nun prazo
máis curto ou máis longo, e isto deixa a moitos descendentes orfos de
vías de contacto coa súa terra de orixe e entre si". Outra
característica orixinal deste centro aberto as 24 horas do día
é que xunta a xente de máis de 50 países, sendo Arxentina o lugar
de residencia de máis dun terzo dos seus inscritos, así como a
residentes en Galicia interesados en manteren un contacto a cotío cos
emigrantes a través dos seus chats, listas de correo e foros de
mensaxes.
Para o novo ano os plans de Fillos de Galicia inclúen consolidar
as fontes de financiamento que lles permitan manter e incrementar
os seus servizos mediante a contratación de máis personal adicado,
para o cal crearon o proxecto Parcelaria.com co que xa acadron máis
de 13 mil euros e ofrecen servizos de Internet a outras ONGs desde
RedeGalega.org. Tamén esperan incidir nas reformas legais en marcha
que afectan a cuestións como o dereito á nacionalidade ou a
representación política dos emigrantes.
FIN
Para consultas dos medios:
Manuel Casal Lodeiro
http://www.fillos.org
fillos@xxxxxxxxxx
(+ 34) 94 4376328
.